O 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTARÁ INMERSO DURANTE ESTE CURSO NUN PROXECTO TITULADO "UN ZOO NO COLEXIO".
TRALA PRESENTACIÓN -AMBIENTACIÓN DOS CORREDOIROS QUE LEVAN ÁS SÚAS AULAS, PROPUSERON DIFERENTES TÍTULOS PARA ESTE PROXECTO, SENDO O INDICADO O ESCOLLIDO.
DENTRO DAS ENSINANZAS MUSICAIS, INTEGRAREMOS AS APRENDIZAXES MEDIANTE A OBRA DE CAMILLE SAINT- SAËNS, TITULADA "O ENTROIDO DOS ANIMAIS".
ESTA OBRA ENGLOBA MOI BEN AS CARACTERÍSTICAS DOS DIFERENTES ANIMAIS QUE FORMAN O NOSO PROXECTO, POLO QUE SERÁ UNHA BOA GUÍA MUSICAL PARA COÑECELOS MÁIS DE PRETO.
CAMILLE SAINT SAËNS CAMILLE SAINT-SAËNS que naceu en París en 1835, amosou unha precocidad similar á de Mozart. Con dous anos de idade xogaba a descubrir as notas que a súa tía lle tocaba ao piano, comezando a escribir pequenas melodías para piano con tres anos e medio. Así, non debe extrañar que, cando contaba con dez dese o seu primeiro concerto. Compositor, pianista e organista,as súas grandes dotes artísticas fixéronlle ganarse a admiración de compositores célebres como Gounod, Rossini, Berlioz y Liszt, asegurando este último que “Camille era o mellor organista do planeta”.O ENTROIDO DOS ANIMAISO Entroido dos Animais estreouseo martes de Carnaval de 1886. Para este estreno o compositor presentouse disfrazado con nariz e barba postizas. Dende que a compuso, Saint-Saëns considerou a obra como un divertimento, de feito a súa intención era a de ridiculizar a compositores e intérpretes da época (tartarugas, fósiles e pianistas). Dous meses máis tarde volveu a ser interpretada para que a escoitara o seu amigo Listz. Despois disto o compositor prohibiu que se publicara a partitura e que fose interpretada en público. A única peza que se puido interpretar foio Cisne. Non foi senon ata despois da súa morte cando OEntroidodos animais secomezou a interpretar propiciando unha maior fama a Camille Saint-Saëns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario