domingo, 11 de mayo de 2014



Música Programática

A música programática é algo así como a banda sonora dunha idea, impresión ou sentimento do compositor, que habitualmente expresa a súa intención no título, ou facer referencia a un poema, historia ou argumento literario concreto. O máis importante é que a música pretende significar algo máis que sons.
         A música programática é o contrario da Música Pura (ou música absoluta), porque esta última só expresa ideas musicais, non quere representar nin expresar nada da realidade, nin sentimentos nin ideas.Pódese dar de tres formas:  Música Descriptiva, Poema Sinfónico e Música Incidental.
MÚSICA  DESCRIPTIVA
Suxire musicalmente fenómenos da natureza (o mar, tronadas...) ou determinadas situacións.
POEMA SINFÓNICO
Composición para orquestra, cun só movemento (unha parte) que está determinada por algo externo á música (idea extramusical) descriptiva ou poética (un poema, unha idea argumentada..) O seu obxetivo é amoasar musicalmente esa idea ou poema.
MÚSICA INCIDENTAL
A música incidental é a música que se compón para un momento concreto dunha obra de teatro, principalmente. Hoxe en día correspondería a certas bandas sonoras do cine, música composta para unhas determinadas imáxes.
Por exemplo: Vals Triste, de Sibelius.

Imos entón neste terceiro trimestre a descubrir a música que fala sen palabras, a que conta unha historia utilizando só a linguaxe da música: os seus instrumentos, as súas diferentes alturas, duracións, intensidades....en definitiva, a combinación perfecta dos seus elementos para suxerir unha escena determinada, como pequenas bandas sonoras das que vós tendes que recrear as imaxes.

TAREFA A REALIZAR: A continuación ides ver unha listaxe de pezas musicais de música programática. A cada un , ó chou, vaille tocar unha delas.

  1. Temos que escoitar a peza sen ter máis información que o título e autor  . 
  2. Durante a audición temos que imaxinarnos que tipo de escenas , situacións ou ambientación quixo describir o compositor.
  3. A continuación buscaremos información sobre a obra escoitada, para coñecer o argumento ou motivos polos cales o compositor compuso dita música.
  4. Facemos unha ilustración da escena, ambientación ou feito que finalmente descubrimos e recreamos do fragmento escoitado.
O material que se pode utilizar deberá ser variado:diferentes tipos de pinturas, témperas, acuarelas, rotuladores, tecidos, etc......
Valorarase sobre todo o interés en facer ben a tarefa cumplimentando os puntos antes descritos e o bo remate e limpeza do traballo.
Deberase indicar na parte inferior do traballo o nome do compositor e apelidos asi como data de nacemento e morte , e país. Tamén se indicarña o nome da obra e o movemento o que pertenza.
Non vos esquezades de poñer os vosos datos.

Todas as obras teñen un enlace para poder escoitalas sen necesidade de saír do blog

LISTAXE DE OBRAS MUSICAIS  

La historia de  Baba Yaga (M.Moussorgki) 

La gota de lluvia(Chopin)

El aprendiz de brujo (Paul Dukas)

En las estepas del Asia Central (Borodin) 

Una noche en el monte pelado (Mussorgki)

Danza macabra (Saint- Saëns)

Cabalgata de la Walkirias (Wagner)

En la gruta del rey de la montaña (Eduard Grieg)

Zadok el sacerdote (Haendel)

Sinfonía Pastoral (Beethoven)

Obertura 1812 (Tchaikowsky)

Don Quijote (Strauss)

L'arlesienne ( Bizet)

Abdelazer  Suite (Purcell)

La Batalla (Willams Byrd)

La sinfonía fantástica (Berlioz)

El Moldava (Smetana)

Sinfonía de los Juguetes (Leopolod Mozart)

El vuelo del moscardón (Korsakov)

En un mercado Persa (Ketelby)

La primavera (Vivaldi)

Acuario (Saint- Saëns)

Oda a la Alegria (Beethoven)



Para calquera dúbida este é o meu correo electrónico: pilib@edu.xunta.es