PROXECTO "AROUND THE WORLD"

COMEZAMOS este curso 2016/17 cun proxecto moi artístico que conxuntamente Pili e cris levaremos a cabo xunto con vós por todo o mundo. Dende a música e as artes plásticas achegarémonos as culturas e tradicións dos diferentes continentes, tocando, bailando e expresando plásticamente os contidos culturais de diferentes países do mundo.
Así, aos alumnos de 3º achegaranse ao continente americano, os de 4º quedaranse en Europa participando directamenet cun colexio de Polonia por medio da plataforma Etwinning; os de 5º irán a coñecer a cultura de Asia e os de 6º tocaralle voar coa cultura de Oceanía.

Iremos amosando os traballos e actividades que vaiamos facendo ao longo do curso. Esperamos que a vosa viaxe sexa interesante, divertida e cultural e que aprendades doutras formas de vivir as tradicións e as expresións dos seus pobos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario