UN ZOO NO COLEXIO:O ENTROIDO DOS ANIMAIS

O 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTARÁ INMERSO DURANTE ESTE CURSO NUN PROXECTO TITULADO "UN ZOO NO COLEXIO".


TRALA PRESENTACIÓN -AMBIENTACIÓN DOS CORREDOIROS QUE LEVAN ÁS SÚAS AULAS, PROPUSERON DIFERENTES TÍTULOS PARA ESTE PROXECTO, SENDO O INDICADO O ESCOLLIDO.



DENTRO DAS ENSINANZAS MUSICAIS, INTEGRAREMOS AS APRENDIZAXES MEDIANTE A OBRA DE CAMILLE SAINT- SAËNS, TITULADA "O ENTROIDO DOS ANIMAIS".



ESTA OBRA ENGLOBA MOI BEN AS CARACTERÍSTICAS DOS DIFERENTES ANIMAIS QUE FORMAN O NOSO PROXECTO, POLO QUE SERÁ UNHA BOA GUÍA MUSICAL PARA COÑECELOS MÁIS DE PRETO.   


 CAMILLE SAINT SAËNS     
 CAMILLE SAINT-SAËNS que naceu en París en 1835, amosou unha precocidad similar á de Mozart. Con dous anos de idade xogaba a descubrir as notas que  a súa tía lle tocaba ao piano, comezando a escribir pequenas melodías para piano con tres anos e medio. Así, non debe extrañar que, cando contaba con dez dese o seu primeiro concerto. Compositor, pianista e organista,as súas grandes dotes artísticas  fironlle ganarse a admiración de compositores célebres como Gounod, Rossini, Berlioz y Liszt, asegurando este último que “Camille era o mellor organista do planeta”.     O ENTROIDO DOS ANIMAIS   O Entroido dos Animais  estreouse o martes de Carnaval de 1886. Para este estreno o compositor  presentouse disfrazado con nariz e barba postizas. Dende que a compuso, Saint-Saëns considerou a obra como un divertimento, de feito a súa intención era a de ridiculizar a compositores e intérpretes da  época (tartarugas, fósiles e pianistas). Dous meses máis tarde volveu a ser interpretada para que a escoitara o seu amigo Listz. Despois disto o compositor prohibiu que se publicara a partitura e que fose interpretada en público. A única peza que se puido interpretar foi o Cisne. Non foi senon ata despois da súa  morte cando O Entroido dos animais se comezou a interpretar propiciando unha maior fama a Camille Saint-Saëns.     
DESENVOLVEMENTO DA OBRA A Gran fantasía zoolóxica é unha suite graciosa e lixiera composta por 14 pezas coas seguintes peculiaridades: • Reemplazan as danzas típicas da suite pola inserción de animais. • Utiliza un conxunto instrumental variado: 2 pianos, un quinteto de cordas (dous violíns, unha viola, un violonchelo e un contrabaixo), un xilófono e unha armónica de cristal (pequeno instrumento de láminas metálicas que se fan soar coa presión dos dedos). Este instrumento  reemplázase na actualidade pola celesta. • Os instrumentos  vanse alternando para cada unha das pezas interpretando todos xuntos só o fragmento final da obra.     
O ESPERTAR DOS ANIMAIS OS MÁIS PEQUENOS IMOS COÑECER ESTA OBRA DENDE UNHA HISTORIA,QUE NOS CONTA COMO OS ANIMAIS ESPERTAN CANDO CHEGA A PRIMAVERA. ESTE CONTO PROCEDE DA PÁXINA DE "JUVENTUDES MUSICALES", QUE SEMPRE NOS OFRECEN MATERIAL MOI INTERESANTE.            
A PARTIR DESTA HISTORIA ELABORAMOS AS NOSAS PROPIAS LÁMINAS QUE PODEDES DESCARGAR A PARTIR DA SEGUINTE APLICACIÓN.
XA QUE FALAMOS DA PRIMAVERA PODEMOS LEMBRAR A VIVALDI, E ESCOITAR A ESTACIÓN "A PRIMAVERA"
  

introdución e marcha do león

    SEGUE A MELODÍA COA PARTITURA QUE SE CORRESPONDE A UN ANACO DO FRAGMENTO DESTA PRIMEIRA PEZA. POR QUÉ NON INTENTAS POÑERÑE LETRA?
Os leóns desprázanse a ritmo de marcha triunfal, interpretada polos cinco instrumentos de corda fretada e os dous pianos.polo medio a música quere transmitirnos os ruxidos dos leóns.Posteriormente repítese o fragmento da marcha e toda  a camada nos amosa os seus ruxidos finais.

GALOS E GALIÑAS

Comeza unha galiña a cacarexar, pero só é cuestión de tempo para que veñan máis galiñas a platicar; os pianos, os violíns e a viola son as que imitan o seu cacarexar; pero logo; chega o galo imitado por un clarinete e fai calar  ás galiñas, ata que só se escoita unha galiña en violín que da fin ao movemento.

HEMIONES OU ANIMAIS DE LONGAS OURELLAS

  Rápido e violento é como entran correndo os burros interpretados polos dous pianos tocando virtuosas escalas especiados por oitavas. A furia coa que os pianos interpretan esta melodía  danos a idea do desbocado que están estes animais.

 

TARTARUGAS

Comezan os pianos cun compás lento, monótono e aburrido; agora entran lentamente as tartarugas interpretados polas cordas tocando o famoso "Can-Can" da obra Orfeo en los Infiernos de Offenbach. Podemos imaxinar as tartarugas bailando a este ritmo.

 


ELEFANTE
De novo os pianos fan o acompañamento pero agora o instrumento que leva a melodía é o contrabaixo. Como a música é tan grave e pesada, fácilmente podemos imaxinar os movementos do elefante. Nesta peza o compositor cita unha parte da ópera A condenación de Fausto, de Héctor Berlioz.



 ADIVIÑA QUE FRAGMENTO SE CORRESPONDE A CADA UNHA DAS MELODÍAS DO CONCERTO.

 


  AVIARIO 

AO LONGO DE TODO O FRAGMENTO, OS INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA CREAN UN AMBENTE SONORO QUE NOS EVOCA  O MOVEMENTO DO AIRE E DAS ÁS DOS PAXAROS:OS DOUS VIOLÍNS E A VIOLA TOCAN A MESMA NOTA MUSICAL, MENTRAS O VIOLONCELO E CONTRABAIXO EXCUTAN UN PIZZICATO CON DÚAS NOTAS. A FRAUTA TRAVESEIRA IMITA OS ALEGRES CANTOS DOS PAXAROS. A FORMA DA MELODÍA É  ABA                        

O CUCO DO BOSQUE 

O PIANO DESCRIBE O AMBENTE TRANQUILO E SEREO DO BOSQUE. DA SÚA PROFUNDIDADE MISTERIOSA APARECERÁ UN CLARINETE QUE DE FORMA INTERMITENTE E PAUSADA, NOS PERMITIRÁ ESCOITAR O CANTO DO CUCO, TOCANDO UN MOTIVO DE DÚAS NOTAS AO LONGO DE TODA A PEZA.                           

PARTITURA DESTA MELODÍA

O CISNE  UNHA FERMOSA MELODÍA INTERPRETADA POLO VIOLONCHELO, AMÓSANOS O NADO DUN FERMOSO CISNE. OS DOUS PIANOS ACOMPAÑAN OS SEUS MOVEMENTOS CON DÚAS INTERPRETACIÓNS DIFERENTES. O PRIMEIRO DEBUXA O VAIVÉN CALMOSO QUE O CISNE DECRIBE NA SUPERFICIE DA AUGA; O SEGUNDO EMITE ACORDES QUE SUXIREN GOTAS DE AUGA QUE CAEN PAUSADAMENTE.     PARTITURA DESTA MELODÍA

ACUARIO

AS NOTAS LONGAS DOS INSTRUMENTOS DE CORDA E OS ARPEXIOS DE DELICADAS E AGUDAS NOTAS DO TECLADO TRANSPÓRTANOS  Á INMENSIDADE DO MAR E AS CALMADAS AUGAS.A CELESTA QUE SUSTITÚE A ARMÓNICA DE CRISTAL, E A ENCARGADA DE OFRECER AO FINAL DO FRAGMENTO,UNS ACORDES EN GLISSANDO QUE NOS PARECE TRASPORTAR A SUPERFICIE MARIÑA. MAIS INFORMACION EN:BLOG DE PILI                                                

                 MUSICOGRAMAS

    O LEÓN


No hay comentarios:

Publicar un comentario